"... el que quiera puede ya sonreír, el que quiera puede irse a llorar, y al que quiera puede darle igual. Estoy hablando a quien pueda interesar" Silvio Rodríguez
Carlos Ferreiro
Carlos Ferreiro

CONTAS E CONTOS

xoves, 19 de maio de 2011

Se o Partido Popular é o principal partido da oposición é porque goberna en media España. Esa media España que acompaña á outra media e que resulta non ter a receta máxica para afrontar esta crise pero da leccións e conta contos.

[Post completo...]

0 comentarios



CANDO HAI INTERESE

sábado, 7 de maio de 2011

Europa ruborízase porque EEUU, que no 2010 executou legalmente a 46 persoas, celebra a morte de Bin Laden coma se fose a final da Super Bowl. Ruborízase Europa que sen pestanexar cuestiónanos o espazo Shengen e intenta facernos crer que o problema está aquí e non no punto de saída dos inmigrantes. O mesmo argumento facilón que alenta á extrema dereita europea e recolle o voto dos “Indignez-vous” de copa y puro que quedaron na casa o primeiro de Maio.

[Post completo...]

1 comentario



¿POR QUÉ NO TE CALLAS?

mércores, 27 de abril de 2011

Non fai moitos días, ao tempo que a prensa e os organismos internacionais recoñecían o traballo responsable do goberno español, a editorial do diario alemán “Suddeutsche Zetung” recollía textualmente: “O Partido Popular faise insoportable pola súa política de obstrucción, que denota una total falta de patriotismo”. Que se escoite isto fora debe ser proba evidente de que os berros da bronca saen da casa e iso, non parece o mellor. Ben nos pinta que a editorial escribiuse antes de que puidéramos escoitar as declaracións do ideólogo e presidente de honra do PP, ademais de amigo de Gadafi, poñendo a parir a España nunha conferencia en New York.

[Post completo...]

0 comentarios



QUIETO TODO EL MUNDO

sábado, 9 de abril de 2011

O resultado do que supón tombar o goberno dun pais non fai falta buscalo en “desiertos muy remotos ni en montañas muy alejadas", témolo aquí ao lado, en Portugal. Aínda así, o Partido Popular, moi responsablemente e cun alto sentido de país, segue coa súa de pedir eleccións anticipadas. Aínda que o Financial Times -nada sospeitosos de ter predilección por España- o pasado martes recoñecese o extraordinario valor das necesarias e impopulares medidas tomadas polo goberno central para salvar a economía española. O mesmo que dixo a revista Time, ou o FMI, ou a OCDE e xusto o contrario do que pregoa a “TDT party”.

[Post completo...]

0 comentarios



VERDE, VERDE

sábado, 2 de abril de 2011

Pois a min gústame así. Que queren que lles diga? Así, verde. Digo verde porque a Muralla de Lugo cada vez é máis verde. Máis verde e menos marrón, ou gris, segundo se mire. Así, verde, ten un toque moito máis… ecolóxico? Cuberta de herbas parece máis un ser vivo e menos un monumento inerte. Agora que chega a primavera xa verán cando se cubra toda de margaritas. Vai quedar moi… hippy? Viría a ser algo así como a hipótese de Gaia, pero aplicada a un monumento patrimonio da humanidade. Non sei que pensará de isto a Unesco porque, claro, a idea é un pouco rompedora: tapar unha muralla romana con herbas.

[Post completo...]

0 comentarios