"... el que quiera puede ya sonreír, el que quiera puede irse a llorar, y al que quiera puede darle igual. Estoy hablando a quien pueda interesar" Silvio Rodríguez
Carlos Ferreiro
Carlos Ferreiro

O ESCÁNDALO DAS BATAS BRANCAS

venres, 13 de novembro de 2009

Chove, outra vez. O día vai frío. Camiño cara ao hospital para o que se adoita facer nos hospitais. Antes un cigarro e un cortadito -non vaia ser que mo quite o médico- e cando aínda non teño pechado o paraugas que xa chorrea sobre os meus pés, levanto a cabeza e que me atopo; pois a un montón de xente con bata branca. Batas brancas, un hospital... paro en seco a marcha e a admiración escapa incontible: Cooño! Mira ti o que mellorou a sanidade pública en Galicia! Tanta xente contratan que xa nin lles entran nas consultas! Isto é eficacia! Acabáronse as listas de espera. Xa entendo... xúntanse todos aquí e xa eles se van repartindo os pacientes segundo van chegando. Xenial!
Pero non. Diso nada. Preguntas a uns, escoitas a outros -importante isto- e caes na conta de que, outra vez máis, o señorito (termo de cortesía que se aplica ao home solteiro) Feijoo ven de saltarse un lexítimo acordo subscrito entre os lexítimos representantes dos traballadores, delegados sindicais, e os lexítimos representantes do pobo, un Goberno. Xa se terán decatado da reiteración de lexítimo, pero é que o termo é especialmente relevante porque incide directamente no que é conforme ás leis e á xustiza; vamos que a cousa é grave.
Diagnóstico: hipoacusia progresiva e amnesia selectiva. Algún forense frustrado ten que ter esta administración cando as mesas de negociación e diálogo vólvense mesas de necropsia onde certificar as defuncións dos acordos legalmente subscritos. Con todo, unha virtude si que hai que recoñecerlles: logran poñer de acordo a todas as organizacións sindicais. Se isto non se amaña...


2 COMENTARIOS

nikita domingo, 22 de novembro de 2009
DESDE A CORUÑA TAMEN TE SAUDAMOS.

MANUEL A. VARELA RODRIGUEZ Y ESPOSA
Comentario enviado por nikita

Pablo Núñez martes, 17 de novembro de 2009
Bienvenido al mundo de los blogueros. ÁNIMOOOOO
Comentario enviado por Pablo Núñez