"... el que quiera puede ya sonreír, el que quiera puede irse a llorar, y al que quiera puede darle igual. Estoy hablando a quien pueda interesar" Silvio Rodríguez
Carlos Ferreiro
Carlos Ferreiro

A CALADA POR RESPOSTA

sábado, 21 de novembro de 2009

“En tanto en cuanto nos den lo que es nuestro, discutiremos ese concepto con el fin de discutirlo” -dicíao o xenial Pazos en Airbag. Nosos, de todos os lucenses son os dous hospitais que nos quere pechar Feijoo: o hospital de Castro e o de San José. “A los hechos me repito”: O Presidente da Deputación de Lugo visita a Feijoo e pregúntalle polos dous hospitais. Feijoo resposta: Cando fun de campaña a Castro tíñao claro pero agora… déixame un mes e falamos. O mes pasou e… silencio. O silencio administrativo aquí como se entende? como que si, como que non ou como todo o contrario? Silencio respecto da Fábrica Pascual (150 familias ao paro), silencio sobre a fusión das Caixas Galegas, silencio sobre o decreto do galego, silencio sobre os estudos de medicina... e tanto silencio non será síntoma de incompetencia?
Pero o PP pode falar de xestión de conflitos sen medo a ruborizarse. O do Prestige e os “hilitos de plastilina” de Rajoy sei que non é o mellor exemplo, pero que me din da Conquista da Illa Perexil. Daquelas rezumábamos orgullo patrio até polas orellas. Parece que aínda escoito a Trillo: "Al alba, y con un tiempo duro con viento de levante de 35 nudos…". Aquilo si que foi unha operación de altura. O exército español púñase en alerta e mobilizaba na zona nove barcos, dous submarinos, dous avións P3-ORION, un batallón de helicópteros de combate e un destacamento do Segundo Terzo da Lexión. Laa leche! Que pensarían os dous moros (que podían ser cristiáns) e as catro cabras ao ver aquilo?. Menudo era Trillo! A que tería montado este home en Somalia. Agora sería colonia española.


2 COMENTARIOS

Pablo Núñez luns, 30 de novembro de 2009
Pero con Airbag nos reíamos, esto es para llorar, poco a poco se levantan las cartas sobre la mesa y no aparecen los ases por ninguna parte, ¿se los guarda alguien en la manga? Porque eso es trampa y lo que está claro es que Lugo en estos momentos NO existe. Al menos para algunos.
Comentario enviado por Pablo Núñez

Pingüino venres, 27 de novembro de 2009
Saludos de tu c....
..ú desde la tierra del frío!
A por ellos, que son pocos y cobardes
Comentario enviado por Pingüino