venres, 25 de decembro de 2009
Fálase do cambio climático, da capa de ozono, de que os polos se derreten, de que o nivel do mar subirá... e todo soa tan afastado como o está Copenhague de Lugo. Centos de “científicos tolos" esfórzanse en advertirnos, milleiros de "hippys trasnochados" toman as rúas para esixir un cambio, delegacións políticas moi ben vestidas séntanse a falar pero aquí, aquí non pasa nada; en Lugo non hai cambio climático.
Pero un día, un calquera, un visitante inesperado susúrrate no oído que algo non está ben, que quizais algún deses “ecoloxistas de primavera” tiña razón. Unha mosca, unha simple e vulgar mosca zumba polo salón da casa en inverno, en pleno mes de Decembro, sen argumentos pero tan irrefutable nas conclusións como errática no vo. E se todo fose certo?
Semella que á “xeración x”, a que xa se tiña como “a perdida”, a das que foron JASP, a que non tivo Maio do 68 nin Woodstock nin correron diante dos grises, a todos eles lles chega ao fin un reto. O maior desafío da historia: Decidir se os nosos fillos herdarán a terra.
Os sociólogos falan de dez anos para a modificación de hábitos pero semella que “mama tierra” non pode esperar tanto. A cuestión é: Seremos capaces de renunciar aos noso hábitos e consensuar, por exemplo, o plan de mobilidade sostible que nos propón o concello de Lugo e en España moitos outros? Facer do alternativo o normal e apostar polo medioambiente e a sostenibilidade. Que dirá a historia de nós? Da sociedade que estreou o século XXI.
O futuro como conquista. Non como a Delegación da Xunta en Brasil que se levou un capítulo dos Alcántara para promocionar Galicia