"... el que quiera puede ya sonreír, el que quiera puede irse a llorar, y al que quiera puede darle igual. Estoy hablando a quien pueda interesar" Silvio Rodríguez
Carlos Ferreiro
Carlos Ferreiro

COBIZA DE PODER

venres, 8 de xaneiro de 2010

Arranca o ano e todo segue igual. Alí onde non goberna a dereita todo é un desastre. Pero a Xunta de Galicia: “la Xunta bien, gracias” E as súas receitas para saír da crise? “Ni esta ni se le espera”. É máis cómodo trasladarlle o problema ao goberno central. Como se o goberno autonómico non tivera competencias en políticas de emprego, sanidade ou educación das que non coñecemos máis que os seus recortes presupostarios.
O Plan Impulsa Lugo non aparece nos presupostos, a apertura do novo hospital de Lugo atrásase “sine die”, Feijoo pechará o hospital de Castro de Rei (en contra do dito en campaña), os colexios quedan sen libros de texto que prestar aos seus alumnos e o Presidente da Xunta lévase na súa xira por España o conflito lingüístico (creado "ad hoc" por un puñado de votos) delegando nas familias a súa responsabilidade de solucionalo.
Como o cobizoso herdeiro, o mellor é sentarse a esperar a que a metástase da crise se estenda canto máis mellor. E cando nos recuperemos da crise? Qué fixeron para axudar a superala? Ou so quixeron aproveitarse dela?
Figuras antagónicas de responsabilidade de goberno e cobizoso pesimismo parapetado en ideas desmoralizadoras, enchidas de desilusión, desesperanza, desánimo e decepción. Fronte aos proxectos, escusas de pesimista tenaz. Escusas para tocar goberno a calquera prezo, como no Courel onde a Comisión de Seguimento do Pacto Antitransfuguismo xa confirmou que os concelleiros do PP entraron pola porta de atrás co apoio de tránsfugas ben pagados e aínda que xa se sabe que Roma non paga a traidores, José Manuel Barreiro non comenta a noticia.