"... el que quiera puede ya sonreír, el que quiera puede irse a llorar, y al que quiera puede darle igual. Estoy hablando a quien pueda interesar" Silvio Rodríguez
Carlos Ferreiro
Carlos Ferreiro

PEIXES GORDOS E PEIXES CHICOS

domingo, 31 de xaneiro de 2010

Xa sabíamos da xenialidade de Cristiano Ronaldo pero agora tamén sabemos de súa outra cara e é que, o pequeno, reparte hostias como panes. O que non mostra síntomas de xenialidade é Roberto Varela, aínda que este máis que hostias o que reparte con esa lingua afiada son puñaladas; a Galicia e á Cultura Galega da que di que é unha “acomplejada” e “nos limita”. Vaia concepto que ten o conselleiro de cultura da Cultura Galega! Resultado: once Premios Nacionais de Literatura piden a súa dimisión. Lóxico. Vese que cando o Conselleiro saca a navalla non é para que a vexan. Un mandamento no cárcere.
No talego -a trena, o trullo, o maco, o cárcere; aclaración para que algún se vaia facendo coa xerga- é importante respectar e facerse respectar. Dicíao Max Estrella: “Yo también chanelo el sermo vulgaris” Hai que entender os códigos e non crear problemas. Os chabolos -celdas- énchense con médicos, traficantes, avogados, empresarios, ladróns, sicarios, asasinos en serie… Hai que ser duro e non encollerse; cuestión de supervivencia. No hai piedade para os peixes chicos; cómenos.
O que funciona na trena non se permite na rúa; por sorte. Por desgraza, esta semana soubemos dalgúns que pensan que si. Dous, que con menos estilo que os Tataglia “presionan” aos seus compañeiros do Concello hasta espremelos. Coa marusía apareceu Enrique Rozas e coa sensibilidade das hienas intentou sacar tallada. Levou o asunto máis lonxe e nos falou de dimisións. Esqueceuse das persoas. Das que sofren esas presións. Iso si que é incompetencia, política. A política no é máis que por e para as persoas. Tamén para os peixes chicos


1 COMENTARIOS

pingüino mércores, 3 de febreiro de 2010
Pues la opción está clara: habrá que darle de comer al pececito para que crezca y se chimpe a los pecezones que le tocaban los cojones...¿No?
Comentario enviado por pingüino