sábado, 6 de febreiro de 2010
Esta semana tivemos ocasión de escoitar outra sonora labazada á “política lingüística” da Núñez Feijoo. Esta vez foi o Consello da Cultura Galega. Outros radicais máis! que noN veñen máis que a reafirmar o clamor da maioría sonora e que define os despropósitos da Xunta de Galicia como unha "fonte de conflictividade". Pero nisto, como en case todo, o Partido Popular parapétase baixo o palio de “El que no está conmigo, está contra mí, y el que no recoge conmigo, desparrama” (Lucas 11, 23).
No último pleno do Concello de Lugo o PP tivo ocasión de volver ao consenso e recoller a luva tendida pola maioría de partidos cunha moción que non pedía máis que iso: a volta ao consenso. Non foi posible. O PP de Lugo, lonxe de absterse, deu un paso á fronte, cadrouse e levantou o brazo dereito para votar en contra. Puido máis a disciplina de partido que a lealdade con Galicia. Non foron quen de escapar desa sinerxía centrípeta que exerce o partido e da que si se libraron, coas súas loitas, en Ourense. Aquí imponse o seguidismo. Conclusión: o PP enrócase na recitación dun soliloquio sen réplica, pero ollo: Mentir e comer peixe require de moito coidado.
Onde si que hai debate é na rede. A voltas coa enerxía nuclear, grupos de Facebook propoñen situar o cemiterio nuclear no Valle de los Caídos. A proposta non estaría mal se establecemos un principio de correspondencia polos traballos prestados por Paco: lixo (nuclear, iso si). Pero coidado cos desexos. De non telo enterrado en Xerusalén (ante o temor a que resucitase ao terceiro día) a ver se agora a radiación nos devolva un caudillo fluorescente.
| sindical mércores, 17 de febreiro de 2010 |
| Ferreiro aclarale a los votantes de tu partido, PSOE, que tenemos un presidente acabado, sin ideas (nunca las tuvo claras), que nos está fastidiando el presene y el futuro. Zapatero pone en riesgo las pensiones. En este 2010, no va a ingresarse ni un solo euro en el Fondo de Reserva por primera vez desde su creación en 1997. Nuetro "ilustre" presidente oculta la verdadera situación de la Seguridad Social: Desde julio de 2007 se han perdido más de 1,5 millones de cotizantes 3 millones sólo están cotizando mientras les dure lo que cobran del paro La Seguridad social está gastando a mucho mayor ritmo (7%) de lo que ingresa (0%) El superávit se ha desplomado un 30% ZAPATERO VETE YA |
| Comentario enviado por sindical |
| mateo domingo, 14 de febreiro de 2010 |
| Fala tomasa do que lle pasa. Os que cando chegaron ó governo central derogaron a lei de calidade da educación do PP sin que esta chegase incluso a entrar en vigor. O PSOE estades en horas baixas e xa non sabedes por onde saír. Ánimo, que a oposición e onde mellor estades. |
| Comentario enviado por mateo |
| pingüino venres, 12 de febreiro de 2010 |
| Es buena idea lo del valle de los caídos, pero creo que hay un colegio en Lugo que tiene un patio que no sirve para nada y además es muy fresquito. Eso es bueno para los residuos nucleares ¿no? -se podría aprovechar para enterrar alguna cosilla más...radiactiva, claro- Tu c.... ...ú P.D.: ¿Qué pasa con ese café? |
| Comentario enviado por pingüino |