luns, 1 de marzo de 2010
Polo que soubemos Toñito de Allariz, nome de guerra adxudicado por Baltar a Antonio Rodríguez Miranda, “sorprendeunos” co seu aparente gusto polo autostop. O golfiño -delfín en castelán- político Ourensán mudou a súa presunción de honradez por outra. Polo que supoñemos, Baltar fillo filtrou a información en represalia polos servizos prestados por Rodríguez Miranda a Feijoo na loita aberta en Ourense. E o último capítulo desta entrega foi a filtración aos medios dun detallado estudio, agora, das políticas de persoal da Deputación de Ourense. E así, entre loitas internas e o esforzo por demonizar ao bipartito -ruído do pasado- pasóusenos o ano.
Achégase o primeiro de Marzo e logo do ruído dos coches oficiais, as sillas dos despachos e algunha que outra porcallada... que nos queda? Que sería vostede capaz de lembrar do feito polo goberno galego neste ano? os enfrontamentos por mor da lingua galega? Ruído malnacido.
Dúas cifras: 30.312 parados máis que no 2009 e 5000 pacientes máis nas listas de espera. Pero disto, como da miña lumbalxia, a culpa é de Zapatero. Semella que a Xunta non ten competencias en materia de emprego ou sanidade e se as ten, desde logo non as asume. Ruído mentireiro. Non gobernan, fan exclusivamente política e ruído, moito ruído.
Lonxe da prudencia política, o PP lucense, mira para outro lado e esíxelle ao concello, si, ao concello, que cree emprego. Pasaría por ser unha broma de mal gusto pero semella un guiño para importar o modelo da Deputación de Ourense do que soubemos, por exemplo, que conta nalgún edificio con 16 porteiros para tres portas. Demasiado ruído.
| pingüino xoves, 4 de marzo de 2010 |
| Pues me acabo de llevar una gran desilusión ¿Qué es eso de que soy el único que lee tu blog? Veo que la cosa está al rojo. Además también me acabo de enterar -por los comentarios, claro- de que tienes hilo directo con zapatitos ^^ ¡Y yo sin saberlo! (por cierto, si sé que la culpa de tu lumbalgia es del colchón y no de él) Y hablando de culpas, qué fácil es echársela a los demás cuando nos pasamos de la raya, desde nuestra más tierna infancia, "fue él, que me escupió prime y por eso yo le partí la cabeza" Por qué no nos dejamos de gilipolleces y de macrocifras sobre las que nada podemos hacer salvo demagogia -excepto tú, claro- y arreglamos nuestra casa, que buena falta nos hace: a buenos entendedores... |
| Comentario enviado por pingüino |