"... el que quiera puede ya sonreír, el que quiera puede irse a llorar, y al que quiera puede darle igual. Estoy hablando a quien pueda interesar" Silvio Rodríguez
Carlos Ferreiro
Carlos Ferreiro

PECADOS E JAIMITADAS

sábado, 19 de xuño de 2010

Chega o solsticio de verán e con el o lume novo e o final das clases. Os pequenos escriben outra liña máis do que será a nostalxia dos maiores e é que "todas las personas mayores fueron al principio niños. (Aunque pocas de ellas lo recuerden.) " -El Principito.
No “cole” todo se cualifica. Que manía! Os pecados, por exemplo. Que se son capitais, mortais, veniais... Por certo, unha pregunta: que pecado será estudiar nun colexio público? Pregúntoo porque algo de pecado debe ter para que te castiguen. Sen ordenador, por exemplo.
As escusas tamén admiten cualificación. Hainas peregrinas, convincentes, elaboradas, simples... e hainas que son "jaimitadas". Si, coma se dun chiste se tratase e que o dicionario da RAE define como: "Dito ou feito propio dun jaimito". Vamos, que parece que se están a rir na túa cara. E a iso, a "jaimitada", soaron as escusas do partido popular no último pleno municipal para explicar como só 1 colexio público -insisto no de colexio- de 14 que hai no concello de Lugo, terán ordenadores o ano que vén. O contrapeso é que 5 colexios -insisto, outra vez, no de colexio- concertados de 8 si terán ordenadores. 1 de 14 e 5 de 8. Todo é interpretable, é certo, pero a realidade adoita ser bastante testana e pode provocar danos cerebrais de tanto golpearse con ela, así que, o mellor é intentar non negala.
O pecado xa é capital se ademais de estudar nun colexio público, aos incautos dos teus pais se lles ocorreu criarte nunha zona rural. Aí xa che quitan ata a quen che preparaba a comida no día e che deixan cun termo de comida requentada. Ou mesmo péchanche o colexio.