Blog de Carlos Ferreiro

UNHA DE ROMANOS
26/06/2010.- Como nas mellores superproducións americanas Lugo encheuse de romanos. Miles de figurantes que se votaron á rúa para tomar Lugo caracterizados como mellor lles pareceu. Iso si, en xeral, moito patricio e pouco plebeo. Moita burguesía romana e pouco “currito”. Aí queda o dato. Vostedes saquen as conclusións aínda que, podendo escoller… quen querería ser “currito”?
E dos “milicos”? Que me din dos “milicos”? Cada ano hai máis e como sigan así calquera día se crecen, dan un golpe de estado, secuestran ao alcalde e quedan coa cidade. Cando era obrigado e había que facer a “mili”, calquera escusa era boa para intentar librar pero claro, cun uniforme así… Unha confidencia: as saias son ben frescas. A ver se Amancio se anima e as pon de moda.
As ganas de festa solaparon o rigor histórico e entre celtas, suevos, romanos e algún vikingo despistado votouse en falta algún fariseo. E digo eu que aquí, de fariseo, daba ben Rodríguez Miranda: O golfiño político ourensán que tivo que devolver doce mil euros en dietas porque alguén lle descubriu o pastel e que agora, nos ratos libres, da leccións de honradez e confunde o seu traballo de deputado autonómico co do tenente Colombo.
A falta dun Neron que queimase Roma, no rebumbio tamén apareceu un irreverente Jesucristo polas costas do parque, que de ser o real, ben lle podería ter lembrado a Toñito de Allariz aquilo da parábola do fariseo e o publicano : “todo o que se enxalza será humillado e o que é humillado será enxalzado” -Lucas 18,9-14. A Biblia é un libro máis que recomendado. Como a interpretan algúns xa é outra cousa. Como a política.

PECADOS E JAIMITADAS
19/06/2010.- Chega o solsticio de verán e con el o lume novo e o final das clases. Os pequenos escriben outra liña máis do que será a nostalxia dos maiores e é que "todas las personas mayores fueron al principio niños. (Aunque pocas de ellas lo recuerden.) " -El Principito.
No “cole” todo se cualifica. Que manía! Os pecados, por exemplo. Que se son capitais, mortais, veniais... Por certo, unha pregunta: que pecado será estudiar nun colexio público? Pregúntoo porque algo de pecado debe ter para que te castiguen. Sen ordenador, por exemplo.
As escusas tamén admiten cualificación. Hainas peregrinas, convincentes,  elaboradas, simples... e hainas que son "jaimitadas". Si, coma se dun chiste se tratase e que o dicionario da RAE define como: "Dito ou feito propio dun jaimito". Vamos, que parece que se están a rir na túa cara. E a iso, a "jaimitada", soaron as escusas do partido popular no último pleno municipal para explicar como só 1 colexio público -insisto no de colexio- de 14 que hai no concello de Lugo, terán ordenadores o ano que vén. O contrapeso é que 5 colexios -insisto, outra vez, no de colexio- concertados de 8 si terán ordenadores. 1 de 14 e 5 de 8. Todo é interpretable, é certo, pero a realidade adoita ser bastante testana e pode provocar danos cerebrais de tanto golpearse con ela, así que, o mellor é intentar non negala.
O pecado xa é capital se ademais de estudar nun colexio público, aos incautos dos teus pais se lles ocorreu criarte nunha zona rural. Aí xa che quitan ata a quen che preparaba a comida no día e che deixan cun termo de comida requentada. Ou mesmo péchanche o colexio.

PERDEMOS TODOS
12/06/2010.- Negar o evidente é un engano. O evidente é que a folga do pasado martes foi un auténtico desastre. Podémolo edulcorar pero… Un fracaso que sinala ás organizacións sindicais pero que nos toca a todos, porque todos perdemos.
Pretender confundir a parte polo todo ten o seu valor, en literatura. Só na literatura. É certo que hai funcionarios caraduras e sindicalistas incompetentes, é certo. É certo que hai políticos aproveitados, xuíces interesados e xornais intencionadamente parciais, é certo. E? Ao final só nos queda a apatía, a desafección e os cabreos verbalizados á hora das cañas. Eu, min, me, comigo e... "que se mueran los feos" -a de Boris Vian.
Neste reducionismo, minimalista e grotesco no que se move a concepción do sistema, certas ideas vanse asentando como perigosos axiomas. Un mundo de mentiras transformadas en doutrina onde os funcionarios son todos uns vagos privilexiados, os sindicatos uns vendidos, os políticos uns oportunistas, os xuíces uns prevaricadores, os medios uns proselitistas... Ao final, que nos queda? Goebels entendeuno á primeira. É aquí onde perdemos todos e gañan os que cuestionan a lexitimidade do sistema aproveitándose dos que, irresponsablemente, esborranchan estratexias político-electorales co desprestixio dun pais.
Nunha Europa globalizada, con medidas de axustes comúns, unha folga aquí e outra alá faise dificilmente entendible e non fai máis que acrecentar aquilo de “Divide et vinces”. Somo europeos. Para todo. E cando antes se entenda, mellor. O que non é unha escusa para que cada un faga os seus deberes. Tamén os gobernos autonómicos.

ASÍ NOS VAI
05/06/2010.- A tendencia natural do ser humano é vivir nun continuo escoller e... nesas andamos. Agora tocan as municipais e o procedemento é, aparentemente, máis sinxelo que o mecanismo dun chupete: os partidos escollen aos seus candidatos, os veciños aos concelleiros e os concelleiros aos alcaldes. Logo, como todo, a cousa ten o seu aquel, pero en principio é tal que así.

Comeza a andaina das eleccións nos concellos. Para algúns será unha exclusiva loita polo poder, polo máis excluinte dos personalismos máis ególatras. Sen o menor sentido de utilidade pública e exclusivamente como unha promoción profesional. Con disimulo, claro, pero así. Para outros, a defensa dun proxecto, dunhas ideas, dun xeito de entender á súa xente, ao seu pobo ou a súa cidade. Quedo con esta segunda; a primeira non me achega nada.

En calquera caso, os primeiros aires que chegan do percorrido que terá esta campaña cheiran bastante mal e soan a unha reedición do vivido en marzo de 2009. Ou peor.

Coas primeiras novas que se van publicando por segundo quen, voltan a zumegar aqueles “hilillos” do Prestige pero, neste caso, coa promesa dun fedor idéntico ao das pasadas eleccións galegas. A ameaza de emporcarlo todo é a mesma. Unhas eleccións, as autonómicas, onde o superfluo eclipsou ás ideas. Onde se falou de falsos maltratadores, de iates, de coches oficiais, de despachos... de todo, menos do realmente importante. Con isto, a política galega transformouse nunha burla desproporcionada cunha visión limitada, intencionadamente limitante e carente de calquera uso para a solución dos problemas reais da xente. Así nos vai.