luns, 16 de novembro de 2009
O municipio de Lugo leva dez anos crecendo, medrando, desenvolvéndose e camiñando con paso firme cara o futuro, cara o progreso, apuntalando o benestar da cidade e dos seus cidadáns.
O Equipo de Goberno do PSdeG-PSOE está a levar a cabo un labor encomiable a favor do emprego, da mellora da zona urbana e do rural, do desenvolvemento das novas tecnoloxías, unha aposta clara pola mobilidade e o transporte, polas comunicacións, polo turismo e pola cultura, pola educación, a prol do futuro.
A Nova Ponte sobre o Miño, as autovías que nos conectarán con Santiago e Ourense, a chegada do AVE, a construcción da Estación Intermodal, o Plan de Mobilidade, o MIHL, todos eles constitúen grandes proxectos, proxectos de envergadura e relevancia que permitirán que Lugo capitanee xunto con outras cidades galegas o listado de urbes ao nivel de Europa.
Traballamos sen descanso para acadar unha cidade máis xusta, máis desenvolvida, máis igualitaria, capaz de competir con outras cidades e levar o nome de Lugo ao máis alto.
Nos últimos meses vimos de asinar a última fase do abastecemento que nos permitirá ter unha auga de calidade en poucos meses; vimos de conxelar as taxas, moitas delas por terceiro ano consecutivo; aprobamos unha nova tarifa da auga que primará a aqueles que menos consuman, beneficiando o aforro; recibimos máis de 10 millóns de euros do Fondo Estatal de Investimento Local, ou o que é o mesmo, do segundo Plan Zapatero, que permitirán acometer novos e interesantes proxectos para a cidade como o Plan Director do Parque de Frigsa e o de Rosalía ou o saneamento do rural.
O PSdeG-PSOE municipal seguirá a súa folla de ruta co obxectivo de que cada día signifique un progreso maior que o do día anterior pero non o suficientemente grande como para non continuar o traballo nos días futuros.
| Pablo Núñez martes, 17 de novembro de 2009 |
| E outros dez que medrará con vostede ao timón, e os cidadáns de Lugo, os que verdadeiramente importan, remando na mesma dirección, a do progreso e a maxia que agachan as pedras desta cidade. Unha aperta |
| Comentario enviado por Pablo Núñez |