Blog de José López Orozco

FACENDO BONECOS DE NEVE
10/01/2010.- Nestes días vivimos unhas xornadas de neve como non se recordaba nin na nosa cidade nin noutros lugares da provincia. Cando menos hai que remontarse a vintecinco anos atrás. Non estamos afeitos a este fenómeno porque non é o habitual no noso inverno. Si que sempre neva pero non nin na cantidade nin do modo que o fixo. Por iso distorsionou a nosa vida diaria e produciu algunha incomodidade xa non só na cidade senón tamén nas vías principais de comunicación da provincia. Estou convencido que todas as administracións competentes puxemos os medios humanos e mecánicos precisos para que esas incomodidades foran as menos posibles.

Desde hai tempo no Concello temos un protocolo de actuación para estes casos que desenvolven a Policía Local, Protección Civil e Urbaser, empresa concesionaria do servicio de limpeza. Son testemuña de excepción, xunto cos Concelleiros respectivos, do seu traballo, da súa dedicación e tamén do seu afán de servir á sociedade, algúns por nada, e outros para cumprir co seu deber. Non se chegou a todo e a todos porque a pesar das previsións non hai que esquecer que o Concello ten 332 quilómetros cadrados, mil quilómetros de pistas rurais e moitas rúas, beirarrúas, rotondas, entradas etc..etc. Podemos dicir que a pesar das dificultades ás 11h. do venres a cidade estaba operativa na súa maior parte e desde moito antes os centros neurálxicos da mesma. Estamos dispostos a avaliar todo o operativo e modificar e mellorar todo o que sexa preciso, cousa que seguro que levará a un maior gasto en materiais que logo só se usarán en determinadas circunstancias.

Non hai nada humano que non poda ser mellorado. Pero hai algunha circunstancia persoal que é difícil que o poida ser porque aquel que confunde a crítica política co insulto e co chascarrillo descalificador, e lle dá éxito porque sempre atopa algún altofalante que o segue, vaise crer sempre que posúe a razón e ata que o fai ben. Refírome o insulto dirixido por un dos portavoces, non sei de que, do PP no Parlamento Galego, sen dúbida detrás dunha boa estufa de calefacción porque está de vacacións, que se dirixiu aos Alcaldes de Santiago e Lugo, dicindo que nese día estariamos facendo bonecos de neve.

Non Sr. Fernández Miranda, non, estábamos coa nosa xente, cos que traballaban para remediar a situación e cos que a sufrían, como é a nosa obrigación, desde as primeiras horas da mañá e deitándonos pola madrugada. Ademais ese día, precisamente ese día, púxose en marcha unha nova dotación ao servicio dos veciños de Lugo. Por iso, e por outras moitas razóns, a xente nos elixe e non como a outros que son eternos candidatos e para ser algo téñense que esconder nas listas ao Parlamento.

Non serei eu quen critique o estado das estradas de Xunta. Xa dixen que seguro que todas as administracións fixeron o posible para poñelas nas mellores condicións. Só os irresponsables que se sinten impunes detrás dun micro dun medio público, póñense a insultar os demais.