venres, 6 de novembro de 2009
O PP de Lugo anda estes días moi atarefado en buscar excusas para non aprobar as novas ordenanzas fiscais para 2010 propostas polo Goberno local. Buscan e buscan e non atopan nada. Entón inventan.
Hoxe previsiblemente aprobarase en Pleno a conxelación de todos os tributos, novas bonificacións para as persoas con menos capacidade económica e unha nova tarifación da auga que beneficia a unha grande parte de usuarios. Un modelo baseado no consumo real no que, aqueles que menos gastan, menos pagan.
O PP decidiu que non será participe deste acordo que é tan vantaxoso para os lucenses. A estratexia estaba marcada desde o principio:
Primeira estratexia: Botarlle a culpa dunha irreal suba de impostos ao Goberno local. Fai tempo anunciamos que se conxelarían os tributos locais, algúns deles por terceiro ano consecutivo, seguindo a liña mantida neste mandato. A pesar disto o PP local intentou por todos os medios extender unha mentira masiva de que subirían os impostos, a través dos medios de comunicación e vía folleto popular.
Segunda estratexia: Evitar o apoio ao novo sistema de cobro da auga por consumo real que tantas veces demandaron, presentando unha proposta sen base que non poderamos aceptar. O novo sistema ía ter en conta todas as propostas dos grupos políticos con representación no Concello. Pero o Partido Popular tiña claro desde o principio que só quería poñer obstáculos e non colaborar, como demostrou a inexistencia de aportacións coherentes pola súa parte.
Mantivemos cinco reunións e o Partido Popular nin tan sequera leu os papeis, unha vez máis. Cinco reunións nas que demostraron a súa incapacidade total para deliberar, propoñer e debater sen destruir. Nin unha soa proposta constructiva.
Penso que o PP faría mellor se investira o seu tempo en traballar a prol de Lugo e non en buscar excusas que ao único que o conducen é a lanzar mentiras masivas que xa ninguén cre.
| Pablo Núñez martes, 17 de novembro de 2009 |
| Bienvenida al mundo de los blogs, seguiré el tuyo con "pasión". Ánimo y sigue realizando tan magnífico trabajo. |
| Comentario enviado por Pablo Núñez |