xoves, 28 de xaneiro de 2010
O Goberno Local está especialmente preocupado por conseguir que os mozos e mozas de Lugo conten cunha formación completa como paso previo para a incorporación ao mercado laboral.
Esta preocupación non queda nun mero enunciado senón que se ten traducido en proxectos e actuacións concretas co fin de realizar unha forte aposta polas políticas de fomento do emprego co obxectivo de tratar de paliar os efectos da crise entre os lucenses.
Podo destacar de xeito especial aqueles proxectos destinados aos colectivos con maiores dificultades de inserción laboral, como os dependentes, os homes e mulleres maiores de 35 anos ou os inmigrantes con permiso de traballo. Así, temos posto en marcha os programas Lugo Contigo, Lugo Emprego Activo, o Programa de intercambio con outros países europeos Lugoqualitas ou o Plan de Inserción Laboral e Social do Concello (PILES).
Esta mesma semana, o Alcalde, José López Orozco, avanzaba que en 2010 haberá un novo PILES do que poderán beneficiarse ata 30 desempregados. Un proxecto integral co que contribuimos na reactivación do mercado laboral ao tempo que se avanza na mellora e mantemento da cidade.
Os participantes neste programa, ao que o Concello destinou máis de 500.000 euros, reciben formación e emprego e realizan traballos de acondicionamento de diferentes áreas urbanas e rurais, conseguindo unha mellora nas infraestruturas e espazos de Lugo.
A estas accións concretas hai que engadir o papel que desenvolve o centro de empresas e innovación (CEI) e o Espazo Lab, situados en Garabolos. Ambos teñen por obxectivo a promoción económica da cidade, así como servir de apoio á posta en marcha de novas iniciativas empresarias.
Neste espazo ubicase ademais a oficina Europa Direct, un dos 48 centros de información europea que exitsen en España e o único en Galicia que xestiona un Concello. Desde a oficina o Concello de Lugo ofrece un servizo de proximidade que permite obter información, asesoramento, axuda e resposta ás dúbidas que os mozos e mozas poidan ter sobre a UE e as posibilidades laborais.
Estamos completamente volcados co mundo do emprego e da formación, polo que temos incrementado de xeito excepcional os recursos destinados a programas de emprego como os que veño de citar.
A nosa folla de ruta aposta pola inserción laboral, os proxectos de integración social, polo emprego en igualdade e a formación. Por iso dedicamos máis do 20% do noso orzamento a emprego e benestar social. Un esforzo que consideramos necesario e que será prioritario para o noso goberno.
| Luis Miguel mércores, 17 de febreiro de 2010 |
| Boas tardes, querida concelleira e querida compañeira de partido. Póñome a escribir estas verbas para ter un pouco de información sobor do LUGO EMPREGO ACTIVO, xa que me apuntei. No caso de ser seleccionado, e se o final unha empresa me contratara, ¿sobre canto tempo sería o contrato? ¿Hai xente do anterior EMPREGO ACTIVO aínda no mercado laboral? Un saúdo Socialista e que sigan estes proiectos tan positivos para o emprego nestes momentos un pouco pachuchos, laboralmente falando. Chao. |
| Comentario enviado por Luis Miguel |
| Luis Miguel mércores, 17 de febreiro de 2010 |
| Boas tardes, querida concelleira e querida compañeira de partido. Póñome a escribir estas verbas para ter un pouco de información sobor do LUGO EMPREGO ACTIVO, xa que me apuntei. No caso de ser seleccionado, e se o final unha empresa me contratara, ¿sobre canto tempo sería o contrato? ¿Hai xente do anterior EMPREGO ACTIVO aínda no mercado laboral? Un saúdo Socialista e que sigan estes proiectos tan positivos para o emprego nestes momentos un pouco pachuchos, laboralmente falando. Chao. |
| Comentario enviado por Luis Miguel |