Blog de Sonia Méndez

Sempre cos cidadáns
10/02/2010.- Os que nos dedicamos á política municipal falamos a cotío de conceptos como autonomía local, exercicio de competencias impropias ou financiamento dos concellos. Termos que non forman parte da vida diaria dos cidadáns ou dos problemas que teñen. Pero esas cuestións en realidade afectánlles á vida cotiá, xa que gran parte dos servizos e obras das que gozamos son levados a cabo polos gobernos locais, cun gran esforzo económico e de xestión.

A Carta Europea de autonomía local establece que os servizos deben ser prestados, sempre que sexa posible, pola administración que está máis preto do cidadán, polos municipios. Entende que as autoridades locais son as que mellor coñecen as necesidades dos veciños e veciñas e por iso deben ter as atribucións competenciais e económicas necesarias para satisfacer ditas demandas.

O Concello de Lugo é un exemplo de administración que responde ás necesidades da cidade a pesares das dificultades. Os concellos teñen a obriga de limpar as rúas, recoller os residuos, manter os espazos públicos, abastecer de auga potable aos domicilios, xestionar o transporte público, etc.

No Concello de Lugo e noutros, sen embargo, imos máis aló do mínimo e optamos por mellorar a calidade de vida das persoas asumindo competencias non obrigatorias pero si necesarias.

Esta decisión tradúcese en que en Lugo pasamos de ter unha escola infantil a ter catro. De non ter ningunha praza en centros de día, a dispoñer de preto de cen; pasar de dous centros de convivencia, a nove; tamén na zona rural os veciños sérvense deses centros. Todo elo sen practicamente ningunha axuda da Xunta de Galicia. Isto, resumido, en canto a políticas sociais. Pero hai máis.

A promoción turística da nosa cidade asúmea o Concello, pasouse de un a catro museos, que se manteñen integramente con orzamento municipal. O MIHL estase a construir con financiación municipal e do Goberno de España.

As instalacións deportivas e os xardíns de Lugo son construídos e mellorados con achegas municipais e, unha vez máis, do Goberno de España, a través do Plan E.

Os Concellos galegos non tendo suficientes competencias en política educativa, sen embargo asumen todos os gastos de mantemento, reparacións, conserxería, electricidade dos colexios. O Pacto Local a través do que a Xunta asumiría estes gastos está parado desde a chegada do señor Feijóo.

Os mozos e mozas lucenses poden disfrutar de casas das linguas, casa da música, espazo laboral, viveiro de empresas, centro de novas tecnoloxías, centros xuvenís, bibliotecas…  Todos estes centros mantéñense exclusivamente polo Concello.

Estes gastos continuarán a ser asumidos polo Concello de Lugo, por decisión do equipo de Goberno. Incluso se incrementarán. Isto faino o Concello cun presuposto anual de 92 millóns de euros.

O Goberno de Zapatero, a través do Plan E, ven de dar a todos os Concellos de España máis de 13.000 millóns de euros en dous anos. Foi un respiro para eles pero sobre todo para favorecer a modernización das vilas e cidades e aumentar os equipamentos dos veciños.

Aposta polo emprego
28/01/2010.- O Goberno Local está especialmente preocupado por conseguir que os mozos e mozas de Lugo conten cunha formación completa como paso previo para a incorporación ao mercado laboral.

Esta preocupación non queda nun mero enunciado senón que se ten traducido en proxectos e actuacións concretas co fin de realizar unha forte aposta polas políticas de fomento do emprego co obxectivo de tratar de paliar os efectos da crise entre os lucenses.

Podo destacar de xeito especial aqueles proxectos destinados aos colectivos con maiores dificultades de inserción laboral, como os dependentes, os homes e mulleres maiores de 35 anos ou os inmigrantes con permiso de traballo. Así, temos posto en marcha os programas Lugo Contigo, Lugo Emprego Activo, o Programa de intercambio con outros países europeos Lugoqualitas ou o Plan de Inserción Laboral e Social do Concello (PILES).

Esta mesma semana, o Alcalde, José López Orozco, avanzaba que en 2010 haberá un novo PILES do que poderán beneficiarse ata 30 desempregados. Un proxecto integral co que contribuimos na reactivación do mercado laboral ao tempo que se avanza na mellora e mantemento da cidade.

Os participantes neste programa, ao que o Concello destinou máis de 500.000 euros, reciben formación e emprego e realizan traballos de acondicionamento de diferentes áreas urbanas e rurais, conseguindo unha mellora nas infraestruturas e espazos de Lugo.

A estas accións concretas hai que engadir o papel que desenvolve o centro de empresas e innovación (CEI) e o Espazo Lab, situados en Garabolos. Ambos teñen por obxectivo a promoción económica da cidade, así como servir de apoio á posta en marcha de novas iniciativas empresarias.

Neste espazo ubicase ademais a oficina Europa Direct, un dos 48 centros de información europea que exitsen en España e o único en Galicia que xestiona un Concello. Desde a oficina o Concello de Lugo ofrece un servizo de proximidade que permite obter información, asesoramento, axuda e resposta ás dúbidas que os mozos e mozas poidan ter sobre a UE e as posibilidades laborais.

Estamos completamente volcados co mundo do emprego e da formación, polo que temos incrementado de xeito excepcional os recursos destinados a programas de emprego como os que veño de citar.

A nosa folla de ruta aposta pola inserción laboral, os proxectos de integración social, polo emprego en igualdade e a formación. Por iso dedicamos máis do 20% do noso orzamento a emprego e benestar social. Un esforzo que consideramos necesario e que será prioritario para o noso goberno.

Necesidade de recuperar o Pacto Local
13/01/2010.- En 2006 a Xunta de Galicia asinaba o Pacto Local cos Concellos galegos. O documento representaba, entre outras medidas, unha esperanza para os Gobernos Locais porque trataba de rematar cos desequilibrios existentes en relación cos pagos por prestacións  impropias que os Concellos viñan asumindo.

Coa chegada ao Goberno do señor Feijóo o Pacto Local sufriu un estacionamento, paralizaouse o seu desenvolvemento, a súa implantación, todas as accións que o texto recolle.

O Concello de Lugo deu hoxe o visto bo a varios dos proxectos que este ano se realizarán con cargo ao Plan Zapatero, entre eles, un investimento de dous millóns de euros para gasto social. Tamén se aprobou a dotación de equipamento do Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) e o vallado do Parque de Rosalía de Castro conforme ao Plan Director.

A contía destinada a gasto social permitirá ter novas prazas nos centros de día, incrementar a axuda no fogar do transeúnte, aumentar as actividades deportivas, extra-escolares e de tempo de ocio da cidadanía, manter os servizos que ofrece a casa das linguas ou as ociotecas, entre outras accións.

O Concello de Lugo considera todas estas accións un investimento en persoas, en educación, unha actuación básica para que a cidade medre e se modernice.

A maiores, de xeito anual vimos pagando preto de 700.000 euros derivados da limpeza dos centros educativos. Un aspecto que, tal e como recollía o Pacto Local, pasaría a asumir as arcas públicas do Goberno Galego.

Como non está sendo así e tendo en conta o momento que vivimos os Concellos, consideramos de suma importancia a volta ao Pacto Local, ao seu cumprimento. Os concellos non poden seguir pagando gastos que non lle corresponden, sen ningún tipo de axuda por parte da Xunta.

O Concello de Lugo, no marco da FEGAMP, proporá que se retomen as negociacións para que, se ben a Xunta non decide crear un PlanE propio que sirva para aliviar aos Concellos en époocas de crise como a actual, sí cumpran cos acordos asinados.

Somos conscientes da importancia que as administracións con máis recursos teñen en relación cos Concellos, polo que saudamos, un ano máis, o compromiso do Goberno do Estado cos proxectos e o futuro dos municipios e esperamos que a Xunta se sume a esta liña a través do Pacto Local ou aqueles mecanismos que considere acertados.